A forza anímica. O anhelo.
O rexeitamento da area e a atracción do lume, que repelo coma un imán.
O inherente a min.
A auga que relaxa e salpica.
A forza e a efemeridade do aire.
A protección e o enterramento da terra.
Quietude.
Admiro a inmensidade do mar, do baleiro, do ignorado.
A area está fría e compacta, recordándome que non é verán.
Non imos esaxerar: os recordos son importantes.
O sol quecendo a miña pel e o son das olas que veñen e van.
O sal da escuma que se desfai.
As procuras entre as rochas.
Os primos pequenos... felices?
As fotos de verán, os soños de verán, as veladas de verán.
O non urbanita.
A despreocupación
A ignorancia.
Os bebés.
Os amigos de primaria.
O cámping de Praia América.
O xardín de infancia.
Golfo.
As merendas con Pepa. E Andrés e Antón. E os pessegos.
As illas Cíes. Lúa. Breixo. Arnau.
O Camiño.
Os colchóns de princesas.
As miradas cómplices e comprensivas
entre irmás.
A-L-A! Chámalle frialdade, realidade ou estupicidade.
Sobre os lumes acontecidos na Galicia:
0. Circunstancia dadaAyer de nuevo se volvió a ver lo que define nuestro mundo: la rapidez, lo efímero, lo
extremo, el capitalismo, el odio... y se atisbó algo de amor. Kind of love.
La rapidez de una ráfaga otoñal convirtiéndose en un huracán de fuego, lo efímero de una
llama avivándose y muriendo como si de una cerilla se tratase. Se vio lo extremo y el capitalismo unidos, de la mano, momentos perfectos para echarle mierda al de al lado, para mover “o meu marco un pouquiño máis aló” , para gañar terreo de xogo, ou crer que o facemos.
1. Circunstancia amorosa: AMOR
Viuse tamén o egoísmo fatal polos bens, o odio pola desesperación do material, a frustración
de perder o que se cre que é unha vida. E amor si, amor porque todxs axudan a todxs, pero quizáis é un a amor un tanto baleiro, un amor que non provén do interno. Un amor falso que nos foi creado. Porque a vida non é iso...espero.
2. Circunstancia liberadora: LIBERACIÓN
Quizáis por iso estaba tan mansa, allea en certo modo a todo o que pasaba, algo pasiva,
recibindo. Pero... é que recibir é un acto pasivo? É só unha convención, porque tamén hai que deixarse recibir. Por iso no ollar da miña avoa puiden ver a unha nena, unha muller volvendo á súa infancia máis terna. Unha muller con bágoas nos ollos por amor á súa terra, derivando nunha risa inocente. Despreocupación despois de 89 anos. Por fin, pensei, por fin libera as tensións. Xa pode ir en paz. Non o facía externamente, pero a súa alma ría máis e máis alto, cunha risa case que incontrolable.
3. Circunstancia atrayente: ATRACCIÓN
Podemos ver todo o malo no lume, pero non esquezamos que o lume danos a vida,
mantennos vivos. E coleando. Foi un dia intenso. Un día quente. Un día de emoción... e a emoción é como a nubosidade... variable.
E podemos ver o positivo: a catarse, o apego, coma o apego que se pode ter a un barranco ou
a calquera situación que nos provoque pánico, o apego ás emocións fortes, a saír da zona de confort fallando e destruindo todo no intento ou entrando nunha zona descoñecida pero chea de maxia, descubrindo outra vida, descubríndonos un pouco mellor.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)