A forza anímica. O anhelo.
O rexeitamento da area e a atracción do lume, que repelo coma un imán.
O inherente a min.
A auga que relaxa e salpica.
A forza e a efemeridade do aire.
A protección e o enterramento da terra.
Quietude.
Admiro a inmensidade do mar, do baleiro, do ignorado.
A area está fría e compacta, recordándome que non é verán.
Non imos esaxerar: os recordos son importantes.
O sol quecendo a miña pel e o son das olas que veñen e van.
O sal da escuma que se desfai.
As procuras entre as rochas.
Os primos pequenos... felices?
As fotos de verán, os soños de verán, as veladas de verán.
O non urbanita.
A despreocupación
A ignorancia.
Os bebés.
Os amigos de primaria.
O cámping de Praia América.
O xardín de infancia.
Golfo.
As merendas con Pepa. E Andrés e Antón. E os pessegos.
As illas Cíes. Lúa. Breixo. Arnau.
O Camiño.
Os colchóns de princesas.
As miradas cómplices e comprensivas
entre irmás.