Dende aquí admiro.
Admírovos a vós, admiro o mundo.
Admiro a condición.
Mahrihalapinatapai.
"Uno está aquí, existiendo durante un segundo, y le aplastan luego como a una mosca contra la pared" -Bacon.
Contradicción.
Sorpresa.
Los pájaros cantan, pero también hay tormenta.
Unha aperta, un sorriso.
Unha mirada ás esquinas.
O ben máis grande do mundo nunha inspiración eterna.
Quen son?
Quen é?
Quen es?
WHO ARE YOU ?
Uns beizos que se posan suaves, frescos.
Un alento acedo.
Unha man branda.
Pintura. Capa sobre capa.
Pensamento tras pensamento.
"Salen cosas que en otro tipo de acción no salen" - Carmen Wegner
Impresión retiniana.
"Cantar suave non é cantar con sentimento" - Breixo
Inefable.
Sumideiro
É moi interesante a importancia das
cousas cotidianas:
o inmenso pracer despois dun baño de auga quente.
Pouco a pouco deixo que a auga escape polas tuberías.
Paulatinamente. Levanto un pouquiño o talón. Non se escoita o son
dos seus pasos ao baixar, a única sensación é a do meu corpo
baixando pouco a pouco polo sumideiro, coa auga. Unha imaxe un tanto
onírica. O nivel da auga é cada vez máis baixo en relación ao
perfil do meu corpo. Baixa levándose unha parte de min tras de si.
Son parte da auga, a pel se derrite.... como o sumidoiro de Psicosis.
É unha parvada a modernidade esa de
gozar das cousas pequenas? Iso non é eudaimonía. Ou si. Aristóteles
dicía que tes que traballar a felicidade e supoño que cadaquén a
traballará ao seu xeito.
E agora son máis leve.
Non existen as verdades absolutas...
Frases de Ansia ou Degoiro de Sarah Kane
O tempo pasa e eu non teño tempo – M
E aínda que ela non pode lembrar non pode esquecer – A
Teño un lado escuro escuro seino ben – M
As veces a forma da miña cabeza inquietame - M
Detesto o olor da miña propia familia – A
Doeme a alma – A
Non son capaz de coñecerte – M
Adicto ás doenzas - B
Sempre son eu – C

Só o amor me pode salvar e o amor destruíume – A
Non te podo amar porque non te podo respectar – M
Rompereiche o corazón porque ti rompiches o meu primeiro - A
Non te podo amar porque non te podo respectar – M
Rompereiche o corazón porque ti rompiches o meu primeiro - A
Hai algo moi pouco agradable en ser desexada cando a outra persoa está tan borracha que non pode ver – M
Un foder frío e a memoria dun peixe – M
Só te podes matar se aínda non estás morta -C
A culpa persiste coma o cheiro da morte e nada pode librarme desta nuve de sangue – A
Un foder frío e a memoria dun peixe – M
Só te podes matar se aínda non estás morta -C
A culpa persiste coma o cheiro da morte e nada pode librarme desta nuve de sangue – A
Non me enchas o estómago se non me podes encher o corazón – C
Ninguén sobrevive á vida - A
Non es mala persoa, só que pensas moito – B
O que eu por veces confundo coa éxtase é simplemente a ausencia de dor - A
Curou o meu corpo e non pode curar a miña alma - C
Feliz e libre – C

Eu non sinto nada, nada. Eu non sinto nada – B
Namorácheste de alguén que non existe - C
Namorácheste de alguén que non existe - C
Suscribirse a:
Entradas (Atom)