É moi interesante a importancia das
cousas cotidianas:
o inmenso pracer despois dun baño de auga quente.
Pouco a pouco deixo que a auga escape polas tuberías.
Paulatinamente. Levanto un pouquiño o talón. Non se escoita o son
dos seus pasos ao baixar, a única sensación é a do meu corpo
baixando pouco a pouco polo sumideiro, coa auga. Unha imaxe un tanto
onírica. O nivel da auga é cada vez máis baixo en relación ao
perfil do meu corpo. Baixa levándose unha parte de min tras de si.
Son parte da auga, a pel se derrite.... como o sumidoiro de Psicosis.
É unha parvada a modernidade esa de
gozar das cousas pequenas? Iso non é eudaimonía. Ou si. Aristóteles
dicía que tes que traballar a felicidade e supoño que cadaquén a
traballará ao seu xeito.
E agora son máis leve.
Non existen as verdades absolutas...