Palabras que rebotan no meu cerebro tras asistir ao Traballo de Fin de Estudos de Xoel Álvarez:
Simplemente precioso.
Desnudo.
O micrófono amplificando cada parte do seu corpo, a súa respiración, os seus latidos, os seus movementos estomacais.
Dualidade entre o ben e o mal, o placer e o dolor, "un non pode existir sen o outro"
Mamá.
"Xoel ti es forte, ti es xoven, ti es guapo. Inténtao!"
O piano que representa a pureza e a perfección... unha perfección destruida polos berros.
Visceral, Real.
Moi real.
As espiñas cravándose no seu ventre.
Unha orquestra de choros e risos que crea unha atmosfera ritual na que danza cun carisma inefable.
O ollar intenso.
O movemento atrapante.
A súa nai.
O pasado e o presente, a dor e o pracer, a risa e o llanto, o puro e o diabólico, o externo -se non lle importa - e o interno.
Poético,
Duro.
Cercano.
Ricardo.
As fotografías ao público.
O cinema en branco e negro.
As fotografías pegadas ao fondo.
A gratitude de Xoel. De corazón, de espírito.
"Os últimos minutos do amor
os últimos minutos do pensamento
os últimos minutos do silencio
os últimos minutos da historia
(...)"
Amor en fotografías e palabras susurradas