Unha nena cargando unha bolsa que duplica o seu peso,
unha praia paradisíaca.
Unha furgo transportando un animal cazado como trofeo,
unha persoa bonita.
Un can esaxeradamente delgado,
almas libres en corpos libres.
Almas engaioladas apertando para saír á superficie
Collelo e, sen razón algunha, metelo nun peto chamado corazón.