A continuación o meu discurso de graduación de bacharelato, a modo de pequena performace coa axuda dos meus compañeir@s:
(H)EL-ARTE ES MORIRTE DE FRÍO
Anotación: en gris
o que tiñamos pensado pero eliminamos no último momento.
1) INTRO MENDIGOS (piden, sen falar, mostrando
gorro, a funda do instrumento… cada un monta a súa personaxe) mentres tocan SERGIO
E PABLO, primeiro un melodía triste e logo unha alegre mentres repartimos
citas.
(No
medio do discurso cada persoa en vermello subía a pegar unha cita das que eu dicía
nun encerado para facer un collage. Pero
ao final, soamente as repartimos ao público ao comezo. No encerado, as verbas
do título)
2) DISCURSO: coa música de Sergio
As historias, a literatura, o cine, a danza, a música, o teatro, a pintura,
a cociña, o silencio… As artes crean
momentos TAN bonitos, TAN fermosos e emocionantes… ¿Qué seríamos sen elas? Para
desafogarnos, para gozar, para pensar e enfrontarnos coa vida mesma… A
humanidade sen arte sería unha especie en extinción. Non sería humanidade,
porque como di a personaxe de Javier Cámara en Vivir es fácil con los ojos cerrados…
ADRIÁN: “Hay canciones que te salvan la vida. Saber
que alguien antes sintió lo que tú estás sintiendo en ese momento, ya no estás
solo”.
Ao igual que con algunhas
cancións, aquí tiven a sensación de non estar soa, salvoume a vida atopar xente
que sinte ou sentiu o mesmo ca min. Foi fascinante chocar con xente tan especial e diferente, facéndome ver
que aínda hai persoas apaixonadas no planeta, que non se deixan levar polos
prexuízos e que teñen un mínimo de aprecio a si mesmos. Que gozan co que lle
gusta e non co que lle gusta ás masas. E é que como me ensinou Nicolas Cage en Adaptation…
ARIANNA: un é o que ama, non o que o ama.
No microcosmos de
2D atopei xente que valora os raios do sol na pel, o olor a canela, un sorriso
ou unha aperta, o son dunha landra baixo os pés ou un meniño con pecas. Xente
que finalmente entendeu que as pequenas cousas son as máis importantes na vida.
Todos sabemos que entre nós non se atopan estudantes idílicos, pero si persoas
exemplares.
Na ESO empecei a distanciarme do resto de adolescentes,
eran demasiado… “normais”. Todos pretendían ter unha vida “normal”, unha
familia “normal” e un traballo “normal”. Non é que fora antisocial, simplemente
non era tan “normal”(creo). Pero… jajaja… logo entendín que a culpa a ten o
proceso unificador do sistema: todo ten que ser igual, a roupa , o idioma, os
costumes, as actividades de lecer, os deportes… incluso as relacións
interpersoais! “As modas” é o equivalente ao “normal”. Supoño que non se
equivocan tanto os novelistas de ficción predicindo un futuro no que a
sociedade está totalmente controlada.
Pois ben, igual non me quedou clara a filosofía kantiana,
o teatro de Peter Brook, a arquitectura clásica ou a música de Schöenberg, pero
unha cousa si: Non quero ser “normal”.
Porque somos o que amamos, non o que nos ama e non é preciso ser aceptado polos
demais se nos aceptamos a nós mesmos. E ademais de aceptarnos a nós mesmos,
deberiamos aceptar as nosas vocacións e o que nos fai felices. Tristemente,
moita xente deixa o seu soño polo camiño por medo, por ter unha seguridade de
vida como moita xente que ve ao seu redor… As veces nin eles mesmos se
valoran, a arte non é desvalorizada
só pola xente allea a ela…
MIRIAM E IRENE:
Irene (Miriam saíndo pola porta): Eh Miriam,
agarda un intre, que vou contigo ao conser (co
seu instrumento na man levantándose da cadeira)
Miriam: Non, hoxe non
vou.
Irene: E iso?
Miriam: E que vou
deixalo, meus pais prefiren que me centre no bacharelato. Din que logo faga
unha enxeñería, aínda que a min… non me chama…nin me gusta. Pero xa sabes, as
enxeñerías abren portas e a música non.
Irene: Pero como? Non
ías estudar trompa?
Miriam: Irene, na vida
non se fai todo o que un quere, e da música e dos soños non se vive. Xa tes un
idade para comezar a entendelo, ambos sabemos que teñen razón.(sae pola porta)
Irene: Espera! (ao público) Pois de ser enxeñeira
podería selo de soños/emocións, que fan máis falla!
Quero aproveitar este discurso para defender
un bacharelato que se subestima, como outros aspectos na vida, aos que xa estou
acostumada, pero non por iso temos que desfalecer. A sociedade nos asfixia: por
ser demasiado delgada, por ser demasiado gorda, por ser demasiado calado, por
ser demasiado aberto, por non ter redes sociais, por vivir nas redes sociais, por
ter o cabelo curto ou tinguido, por non saír de festa ou por saír
demasiado, por levar sempre saia ou
pantalóns, por drogarse con libros,
flores e chuvia en vez de con drogas ou viceversa. Porque isto non pasa só no
mundo da arte, nos incumbe a todos e cada un dos aquí presentes. O importante é
facer o que lle guste a cada un e o que lle faga feliz.
BLANCA E JUANJO
Camiñando
dende o fondo do corredoiro.
Sabina: Pois ao final vou adicarme á escritura, entrarei
na facultade de filoloxía pero co propósito de ser unha gran escritora.
Juanjo: E eu vou facer cociña. A lo menos así teño a
seguranza de non ser un psicólogo amargado ou un científico tolo.
Blanca: Eu non estou segura, pero penso que Dereito.
Sabina e Juanjo (míranse):
Dereito?!?!?
Sabina: Tía, estás de broma?
Blanca: Non, dentro das posibilidades que contemplaba é a
que máis me convence.
Juanjo: Ninguén quere iso, Blanca, pénsao ben. Toda a
vida estudando montóns de leis, e defender moitas veces a culpables! Nese mundo
non poderás experimentar nada parecido ao sentimento dun prato ben cociñado, o
sorriso dos comensais ao saír do local ou a explosión de varias texturas nun
mesmo bocado.
Blanca: Non, pero poderei sentir o agradecemento dunha
familia abatida por unha acusación falsa, ao igual que un médico sentirá paz ao
testemuñar o progreso do seu paciente.
Que dicir deste ano?
Pois que foi un ano de moitas emocións e reflexións. Un ano duro. Non só polo
bacharel e as notas, que non son tan importantes, senón pola angustia do
futuro, sobre o que temos que tomar unha grande decisión neste mesmo intre.
Recordos eternos serán as profundas conversas con Miriam
e Blanca, a marabillosa voz de negra de Estefa, a paixón polo cine de Dani, a
inquedanza e elegancia de Brais, as ensinanzas de David, o sorriso de Irene, as
bromas de Juanjo (ironía), a sensibilidade de Adri, a mente de Sergio, Pablo, o
meu eterno compañeiro de pupitre e sobre todo o día en que coñecín a María e a
súa incrible familia.
Pero non só non esquecerei aos meus compañeiros, senón a
moitos dos mestre/as que tiven neste insti: como á nosa segunda nai Mercedes, a
Jose e a cada un dos detalles das pelis do noso amigo Hitch, a Julen barbeiro
da rúa Fleet, a futura Terpsícore Ángeles. Que dicir da pesada de Celia, dos
divertidísimos diarios de traballo de Miguel Raposo, das presentacións de
Carmen ou da ironía de Jose Ángel.
Pero todo isto xa
pasou, eu son moi romántica e vivo no pasado, definiría o futuro con estas
verbas de Laura Esquivel en Como auga
para chocolate…
MARÍA: los olores tienen la
característica de reproducir tiempos pasados junto con sonidos y olores nunca
igualados en el presente.”
Este ano aprendín que hai que
superar os medos, e aínda que non se superen, sufrilos. A vida é experimentar,
para ben ou para mal. Poida que gustariamos de vivir dúas veces para non
cometer os mesmos erros, pero non podemos, así que temos que ser valentes
porque nada vai saír perfecto.
SEILA:“O
talento é sorte. O importante na vida é a valentía” – dixo Woody Allen.
O máis importante desta
estación, foron as leccións de vida que
me levo. A lección de que ao igual que ter un título universitario non é
sinónimo de triunfar, ter as mellores cualificacións non é sinónimo de ser o
máis listo ou o que máis coñecementos ten. Este ano a miña mente deu un xiro
dos grandes, dos que se collen con impulso, porque atopei as miñas prioridades
na vida e unha delas é aprender, pero non sacar as mellores notas. Tamén
aprendín a valorar á xente que non tenta ser aceptada e axudar a aqueles que o
tentan. Decateime de que a felicidade non se busca, senón que se reparte. Tras
ler un libro do Dalai Lama saquei a conclusión de que é igual que a enerxía, nin
se crea nin se destrúe, senón que se transforma.
Son unha persoa que pensa que a mellor forma de aprender é observando e
collendo o que máis non gusta dos demais. Por iso para finalizar este discurso
decidín inspirarme en máis guións e frases
célebres, xa que non me chegaron todas as que vomitei antes! Porque todos
necesitamos apoio e consellos de vez en cando, especialmente neste período da
vida. Eu non os podo dar porque non teño experiencia, pero espero que todas
estas persoas estiveran no certo:
ANDREA E
ALEXIS (elixen as que lle gusten)
a)
“As
cousas non teñen que cambiar o mundo para ser importantes”- Steve Jobs
b)
Woody Allen afirma que “O 90% do éxito baséase
unicamente no insistir”
c)
“Cando
fagas algo nobre e fermoso, e ninguén se decate, non esteas triste. O amencer é
un espectáculo fermoso e sen embargo, a maior parte da audiencia dorme aínda. –
John Lennon
d)
“Só
teño un consello: cre en ti mesma” – Edurne Pasabán
e)
Nunca
te esquezas de soñar –Madonna
Retomando o tema da arte, dúas máis:
-
A primeira de Javier Bardem ao final dun
documental que vimos con Susana, El oficio del actor, unha conversa con
Luis Tosar e Eduard Fernández, na di que el non elixiu vender a súa vida como
forma de traballar, que ten un traballo digno polo que se rompe as costas, e
que non elixiu a falsa información que se da del. Remata con esta oración: “Pero
luego llega el momento en el que conoces a un compañero, estás haciendo un
texto, te dice una acción, se te va la cabeza, tienes un momento de imaginación
y creatividad y dices… joder… sino tuviese esto que hago con mi vida.”
-
A segunda de Audrey Hepburn “Todo o que sei,
aprendino das películas”J
E nunca esquezades
que o momento que máis medo da é sempre xusto antes de comezar.
GRACIAS (profes, compis, familia, amig@s, noiv@s,
amantes)
Xa sabedes iso de que os maiores son os máis sabios.
Gracias, pero sobre todo a unha persoa moi especial que espertou novas
inquedanzas dentro de nós. Gracias a Susana Ferreiro, a nosa titora. Non teño
verbas para describir o que significou esta persoa na miña vida, como creo que
para moitos dos meus compañeiros e compañeiras. Sen dúbida algunha, é a persoa
que máis incumbiu en moitas das miñas decisións e perspectivas. Unha persoa coa
que me sentín enormemente identificada e unha persoa que ante todo, apoioume. Grazas, danke schon, thank
you, merci, obrigada!
3) ENSAYOS:
último diálogo a modo de posdata no que alguén intente quedar para tomar algo e
o outr@ non poda porque ten que ensaiar todos os días.
Andrea arrinca todas as letras
do encerado agás “El arte”.
FIN
Isto é algo
que se me ocorreu para Brais e Irene, pero non puiden encaixar, igual a vós si.
Non me deu para poñer máis, así que se non se vos ocorre ou alguén vos cede o
posto nun dos diálogos, podedes ser mendigos nalgunha destas eternas frases
finais. Perdoade:
BRAIS
E IRENE
Brais:
E… filla, xa sabes qué é o que vas estudar? Con esas notazas, supoño que
poderás estudar calquera carreira.
Brais:
Si, pero iso podes facelo como un pasatempo.
E por último un vídeo que ten relación con todo o dito que atopei na web:
E por último un vídeo que ten relación con todo o dito que atopei na web: