O sentido

A VULNERABILIDADE E A CONEXIÓN

A necesidade de atopar o sentido da vida é a necesidade máis cruel que podemos chegar a sentir. É o maior exemplo de frustración. Quizais chegamos a este punto cando non aceptamos a nosa vulnerabilidade? Cando temos medos aos que non lles facemos fronte. Como di Brené Brown no seu libro Daring Greatly: How the courage to be vulnerable transforms the way we live, love, parent and lead, medo á desconexión: medo a non ser suficiente, a non ser extraordinario pero ordinario, a nostalxia como comparación dun eu que era supostamente máis feliz. É bonito ver cómo non o cualifica como algo positivo ou negativo, dicindo simplemente que "sentir é ser vulnerable".


Hai persoas das que podemos aprender moito... E hai persoas que son tan boas that make you teary-eyed.

A incapacidade de dixerir as separacións e o proceso vital de coñecer a persoas que queres e ter que dicirlles adeus probablemente para sempre, porque é posible manter a conexión con certas persoas, pero non con todas esas persoas coas que che gustaría. Ese querer manter o contacto con todos para sempre. Pero nada é para sempre. Mellor celebrar a conexión, o amor e o respeto mutuo. Pero levalo a práctica.... Fai o que che digo e non o que fago.

A ilusión de ver a alguén que fai moito que non ves... É unha sensación moi forte.

Moitas das mellores pezas artísticas falan sobre a conexión entre persoas e co mundo, porque aí está o quid da cuestión. Cadaquén escolle o que é realmente importante para si.

The power of vulnerability, Brené Brown:




O SENTIR E A INTUICIÓN 


E a conexión envolve sentimentos, emocións e sensacións. Porque estar viva implica o uso dos sentidos e a capacidade de emoción. Xa dende pequenas buscamos experimentar diferentes sensacións e emocións, como cando xogamos ás agochadas. Esa vontade de explorar un lugar totalmente novo e de incluso crear un lazo sentimental co lugar escollido. Esa pequena dose de medo e apuro que nos fai experimentar as consecuencias da adrenalina.


E refírome a sentir co noso homos exterior e co interior (Santo Agostiño). Coa razón e coa alma, co corpo e os sentimentos. Porque é todo o mesmo. Como o coñecemento, como a natureza. Na verdade nada é linear e nada é divisible. O mundo é unha continua relación de fenómenos. As disciplinas artísticas non existen como tal.

Gústame a arte intuitiva, na que non todo está premeditado, na que se respira flexibilidade e liberdade. Esa arte que procura algo máis que un fin e unha perfección. A arte na que ficción e realidade son o mesmo. When very superficial stuff is taking place but then it is kind of attractive. Porque no ordinario está o importante.

"The creation of something new is not accomplished by the intellect, but by the play instinct acting from inner necessity. The creative mind plays with the objects it loves." - Carl Jung.

Na wikipedia podemos ler que o proceso creativo de Keith Haring, por exemplo, é completamente intuitivo. Ten un contido ideolóxico premeditado, mais non unha preparación artística, xa que cría que un mesmo estase a expresar sendo como é, xa sexa con completa exactitude ou facendo desviacións máis humanas... pero seguirá tendo esa consistencia que é tan consistente como o es ti como persoa.

An art made of trust, vulnerability and connexion, Marina Abramovic:


Neste vídeo, Marina fala das súas obras máis icónicas. Con el, foi a primeira vez que sentín unha verdadeira conexión coa súa peza do arco e a frecha (The other: resto energy). Porque escoitala falar sobre a súa propia creación fíxome entender mellor o significado emocional que ten para ela.

What makes you happy? A mí, la suavidad.


"Ready to fail, ready to take the risk of going into the unknown, when it becomes a routine, then it is the end, be in the moment of presence." - Marina