Carta a mis amiguis


ÁS MIÑAS AMIZADES

     Que bo é falar con alguén que ten ese bo rollo de verdade. O bo rollo de corazón. Ese bo rollo do que fala Becerra (Pentecostés) ou Almu.

    Porque son dramática e cando estou mal, estou moi mal... pero teño esa forza para levantarme. De tocar fondo para coller impulso e respirar. E redirixir-me, e re-pensar, e re-organizar. De re-siliencia.
    Estar no momento actual e gozar do que se fai. E loitar, pero adaptándose. Gustar do que fas, do lugar, do tempo, da acción. Facela túa o máximo posible. Quen son eu? Eu son ese lugar no que escollín me posicionar, ese té quente que o fai todo mellor, ese movemento do glúteo esquerdo mentres me observan intensamente. O ir e o vir.
    Chorar moito e moi intenso para volver á estabilidade, á calma, a ese simple ESTAR. E para volver a rirte de ti mesma, a utilizar ese máxico sentido do humor que o fai todo máis leve.
    Seguir o camiño sen obsesionarse, o futuro non é agora. Non querelo todo xa. O futuro xa virá, todo é experiencia, todo é coñecemento, todo significa en ti. E que bo é estar na compañía adecuada, que ao final, é o do que se trata os bos momentos.
    Amizade.
    Non – sei. Por que temos tanto medo de dicir estas dúas palabras xuntas?
É sincero. Non sei o que é a amizade, o que é o amor. Como carallo vouno saber cando as mellores pensadoras de todos os tempos non dan atopado a resposta? Teño claras poucas cousas na vida. Unha delas é que vos quero e o ben que me fai simplemente estar con vós. Non necesito grandes cousas cando se trata de vós, non preciso ser nada máis que momento presente. E aínda que chegue ao voso encontro en pasado ou en futuro, teño a sensación de ser capaz de encontrar o presente sempre en vós. Sodes o meu punto de equilibrio cando paso por momentos inestables.
    Para esta próxima década quero un cambio, non de perspectiva pero de etapa. Seica vai ser unha onde nada é certo, onde SABE DIOS e onde as portas se irán abrindo pouco a pouco. Así que un poquito de buen rollo, un pouquiño de encontrarte en cada oco, en cada espazo e de deixar pasar os medos e as desgracias e de gozar desta inestabilidade que pode ser a vida. De enchernos de experiencias porque é o momento. De ver cada día máis ao outro coma un igual, sexa quen sexa. E de apoiarnos, sobre todo de apoiarnos.
    Porque a vida é un desafío para todos, como xa dixo Justin, aínda que non podemos esquecer que para algunhas persoas o é máis que para outras.
    Graciñas por estar sempre aí, tan incondicional e sinceramente. Nas boas e nas malas. Nas idas e vidas. Na memoria e no corazón.
                                                                                         QUÉROVOS