O meu ser é violeta e o meu estar, verde e rosa.
Se o meu corazón fose unha verdura, sería...
Un bulbo.
Beta vulgaris. Vulgar, ordinario, indecente.
Pérdenme as palabras, pérdome nas palabras Non son, senón con palabras E no entanto...
Quecerse, como a luz do día.
Neste chan perdín eu un anaco de ti.
Non me perdín eu, perdinte a ti.
Amatista.
Parece que canto menos penso, máis se ordena o mundo.
Racional. Irracional
E sen pensalo, decido cambiar.
Porque somos corpos que se atraen,
envoltos en plástico.
Humor e Amor agarrados da man.
Bañarse entre árbores
Tempo, tempo e máis tempo
salpimentado con ese inexistente momento perfecto
que me fai non perder a esperanza.
Nunca.
Embalar o presente con algodón de álamo
porque o pasado tarda moito en cicatrizar
Sat nam
Sat nam
Unha sensación insoportable e unha celebración do sentir
e po do deserto que nos nutre.
Imperceptiblemente,
Len-ta-mente.
Lentamente arrástrome como un lagarto por toda a casa
e lentamente chego a...
un palpitar.