Feliz día da danza

FELIZ DÍA DA DANZA

De ter título, sería "Mira qué apegada estoy".
Felicidade entristecida. Tristeza que xorde como resposta a unha emoción tan intensa que se torna... Desconcerto emocional transitorio.
Algo próximo a Stendhal… Chorar da emoción pensando no traballo de Janet, no traballo de La Macana, no traballo da Batsheva, no de Christian Rizzo, no de La ribot ... Por poñer exemplos.
Movemento, tempo, espazo.
Intuición. Amor. Humor.
Verdade.
Tan próximo á realidade… Subxectividade.
Esas pezas que propón o Festival DDD… que case conseguen o mesmo efecto a través da pantalla, a pesar de não ser comparável…
Porque todo o intelixible permanece (en)tre nós.
"Entre nós" significa tamén fóra do escenario: nas nosas avoas, nas nosas amizades, nas nosas festas, nas nosas diferencias, nas nosas limitacións, no día a día...
... nesa beleza que ten a danza de ser para tod@s.