Adaptarse ao que pide o público.
Adaptarse á
mirada allea.
Deixar a pel en algo que cres, en algo que precisas expresar, en algo que ten que saír fora.
24/7 mental e fisicamente
implicada NISO.
Querer vivir diso…
E logo?
O importante é o proceso,
o importante é a satisfacción propia.
Sabémolo.
Pero non nos mintamos, a opinión allea é importante. É importante
porque se queres vivir da arte, o importante nunca é proceso, senón o
resultado, que se converte en produto.
E chega ese
momento pozo de frustración, de non saber, de dúbidas e inseguridades.
De perderse e non
a atoparse.
Tes algo moi
bonito que é a paixón e a determinación que non deberías perder nunca.
Non te adaptes
ao mercado. Por favor.
E se non podes vivir diso... hai outras actividades que
te poden dar diñeiro no mundo.
Pero a arte non é nin debería de ser un produto.
Por iso debería de estar arroupada polo Estado.
Un ben social e
un dereito.
Máis aló do me gusta / non me gusta.
Vocación e unha
especie de necesidade.
Cada quen terá
que adaptarse ao sistema como poida.
Pode que sexa moi radical… pero hai tempo que decidín que non vou facer para vender nin
pensando na arte como traballo e profesión. Quizais é porque son mentalmente débil,
pero se o fago, comezo a entrar nun bucle de pesimismo e negatividade que non
soporto. Empezo a ir contra o mundo, en lugar de intentar aceptar un
pouco.
Mitahar, atopar o
termo medio.
Loitar polo que
se quere, pero ata certo limite. Non son quen para cambiar o sistema nin
para cambiar o que a xente pide. Se
non me quero adaptar, supoño que é o meu problema... non?
Yo me lo guiso, yo me lo como.
Pero feliz, e satisfeita co meu traballo.
Se podo monetizalo, perfecto, e se non… A seguir facendo e
creando cando o corpo o pida a gritos.
Heart-centered.