A felicidade

Que é a felicidade? Que é ser feliz? É egoísta procurar a propia felicidade?

Non fai falla ler ao Dalai Lama para decatarse de que as persoas felices son normalmente máis sociais, flexibles, creativas, capaces de tolerar as frustracións cotidiás, máis cariñosas e compasivas que as persoas desgraciadas. Para decatarse de que é máis sabio valorar o que se ten que envexar o que non se ten. Ou ver ás outras persoas como iguais, dende un ángulo positivo, coa consciencia de que todas dependemos de todas, creando sempre novas conexións...

Hai persoas que ven a felicidade como alivio, para Cela o erotismo é o soporte de toda actividade, para os hedonistas e a psicoloxía positiva reside no pracer como satisfacción inmediata (cirenaicos) ou a largo prazo (epicúreos), como ausencia de dor e procurando o benestar do maior número de persoas...

... pero ao final, a felicidade aparece cando te despistas e ... cando non a pensas.