Captatio benevolentiae


Escribo para comprender(me)
Escribo para perder(me)
Escribo para intentar suplir a miña incapacidade comunicativa
Escribo para ser máis consciente
e para ser menos consciente.

Escribo para amar
Escribo para ter un corpo máis sensible
Escribo para estar máis receptiva
Escribo dende esas cousas que pasan aí fóra, no mundo
cando non podo escribilas, como Juan Gelman.

Escribo xuntando réplicas do meu día a día
Escribo dende a creatividade allea
Escribo tras os estímulos enérxicos, tras a natureza, tras esa xuntanza...
Escribo a vida sen tempo
dende o meu time.

Escribo como penso
Escribo dende o real e o ficticio, dende o ritmo da miña avoa ata o desexo somnolento
Escribo a man, "como acto sensual"
Escribo tras a vida intensa
conectando comigo mesma.

Non escribo literatura
Escribo emoción desplanificada e sen distancia
Escribo ideas pouco claras
Escribo sen decisión
e sen intención.

Escribo para liberar.