Non son unha persoa moi política e penso que debería selo máis.
Loitar máis social e politicamente.
Sempre fun desas de confiar máis na ética que na política, pero os cambios non se dan coa ética persoal. Moitas veces quizais non somos conscientes porque somos parte do lado opresor, do lado acomodado e asentado. Sempre hai que ter presente o pasado para que exista o cambio.
Complicado porque todo é moi relativo, subxectivo e as fronteiras moitas veces son moi finas.
Escoito cousas de procurar a liberación na ficción pero non na vida real...O caso está en que na ficción todo se pode crear porque os erros non implican tantas cousas como na realidade. Significa isto ser covarde?
Hai certos problemas que son un exercicio de pura confianza e de ir todas a unha. Un exercicio de dubidar moito, no que as veces non temos o coñecemento necesario e no que se corre o tremendo risco das barricadas e de tomar a xustiza pola nosa man.
Ás veces sinto que non son quen de facer nada nin de ter opinións de nada. Cústame me posicionar. Porque a miña liña de pensamento remata chegando a ese maldito punto no que todo é relativo e nada é tan importante. A ese maldito punto de entender ás distintas partes e de non entender nada.
Non podo axudar, e por iso é unha bendición saber que a alguén que está lonxe tranquilízalle pensar en min. Gracias Cris. Por ese sentimento de utilidade que te ata ao mundo. Porque tomas consciencia de que si podes axudar.
Dubido demasiado de min mesma e non podo tomar decisións. Todo me agobia.
Me va a petar el cerebro de no funcionar. Dentro da miña cabeza son ameba.
Non estou feita para a revolución.
Non estou feita para a comunicación.
Estar enfrontada con unha mesma é unha sensación de merda.
Perder á Marta á que amo.
Quero estar ben e axudar. O que é axudar?
E continúo enfrontada diariamente con esa mortalidade incontrolable. E doe.
E ás veces parece que só vexo dor e dano ao meu redor. E doe.
E con esas imaxes, esas ideas, esa nostalxia dunha ferida que tarda demasiado en cicatrizar. E doe.
E con esa culpabilidade pola consciencia de que son todas preocupacións primermundistas. Pero doen.
E repaso este blog dende a distancia analizando toda a hipocresía que contén. E doe.
Esperando a Godot. Eternamente.
Non hai esperanza, ubicación, entendemento, meta.
Falta de ideas claras e coherentes.
Vivir á espera da morte.
En que creo para darlle sentido a todo? Preciso autoenganarme.
O final da peza coa acotación de "Non se moven".
Esa loita interna.
Esa inacción.
Lost (...) In translation.
Mais seica teño resiliencia: pensando en pasado demostreimo a min mesma varias veces.